Información para os proxenitores ou titores

No primeiro bloque de pestanas poden acceder a enlaces con recursos educativos seleccionados para cada grupo que o alumnado pode utilizar para aprender inglés dunha maneira lúdica. É moi recomendable utilizalos con altofalantes.


No segundo bloque expóñense os traballos realizados en clase e recursos apropiados para reforzar os contidos que se estén desenvolvendo.

Cada pestana está relacionada cun nivel educativo e a equivalencia en galego é a seguinte:

Nursery: Educación Infantil.
First Grade (ou First Year): Primeiro de primaria.
Second Grade (ou Second Year): Segundo de primaria.
Third Grade (ou Third Year): Terceiro de primaria.
Fourth Grade (ou Fourth Year): Cuarto de primaria.
Fifth Grade (ou Fifth Year): Quinto de primaria.
Sixth Grade (ou Sixth Year): Sexto de primaria.

Debaixo de cada entrada do blog hai unhas etiquetas (labels en inglés) que sinalan para que alumnado son apropiadas.

Por exemplo, neste caso, a publicación sería adecuada para o alumnado de quinto de primaria (fifth grade).


No comments:

Post a Comment