Wednesday 13 May 2020

But I Want Chips

Nursery : alumnado de cinco anos. As clases de inglés sempre comezan coa rutina dos saúdos. Non podemos reproducila dende casa ao estar o alumnado só, sen os compañeiros, pero podemos intentar que canten e fagan os xestos que se amosan neste vídeo:


A continuación, terían que escoitar este audio e que repetir as palabras do vocabulario sinalándoas no ordenador (están colocadas por orde): potatoes (patacas), carrots (cenorias), spinach (espinacas), peanuts (cacahuetes), corn (millo) e peas (os amigos do profe Álvaro que non poden comer, os chícharos...).






Poden facer xestos mentres repiten as palabras despois de sinalalas: pechar os puños como se fosen patacas, facer como se tiveran unha pataca na man e morderan a punta, flexionar os músculos (despois de explicarlles que as espinacas fannos fortes), facer como se rompesen a casca dun cacahuete, suxeitar con ambas mans unha mazaroca de millo imaxinaria e mordela, e estirar un dedo como se fose unha casula de chícharos e debuxar os chícharos co dedo índice da outra man.
Despois teñen que ver este vídeo:

E por último teñen que poñer os adhesivos no lugar que corresponda da seguinte folla:
O ideal sería que escoitasen cada palabra por separado no audio anterior e pegasen os adhesivos correspondentes un por un.

No comments:

Post a Comment