Wednesday 27 May 2020

Dinner Time

First grade (primeiro de primaria): hoxe comezamos unha nova unidade (aínda repasaremos a anterior de vez en cando). Estudaremos vocabulario relacionado coa comida, e a estrutura gramatical utilizada para dicir se algo nos gusta ou non.
Primeiro teñen que escoitar dúas veces, como mínimo, un audio no que se pronuncian as palabras que van aprender. A primeira vez deben escoitalo e sinalar a imaxe que corresponda (como sempre, están ordenadas). A segunda vez repetirán cada palabra mentres sinalan as imaxes.




Despois, escoitarán unha canción, tamén dúas veces, que intentarán cantar mentres sinalan os números do exercicio 2 da páxina 39 do pupil's book (a canción relaciona os números coas palabras de vocabulario que están a aprender).




Ao rematar, como xa teñen os libros de texto, teñen que poñer os adhesivos do exercicio 3 (cada vez que as peguen que pronuncien as palabra do vocabulario ao mesmo tempo).
Por último, terán que facer o exercicio 1 da páxina 31 do activity book: unir con cores as palabras e os debuxos. 


No comments:

Post a Comment