Friday 15 May 2020

Seasons

Second grade (segundo de primaria): o alumnado ten que facer os exercicios 6 e 7 da páxina 26. No exercicio 6 os rapaces teñen que escribir as frases nun folio, fixándose ben para ordenar correctamente as palabras que están escritas coas letras desordenadas (son as palabras empregadas en inglés para denominar as prendas de roupa, e que están a estudar nesta unidade). A continuación teñen que debuxar ao rapaz (Jay) e a rapaza (Li) que aparecen nos debuxos, e a Tiger, coas prendas de roupa que levan postas. Despois, terán que colorear a roupa seguindo as instrucións do exercicio 7.





Posteriormente, escoitarán un audio sobre as estacións do ano polo menos dúas veces. A primeira, so escoitarán o audio e sinalarán as imaxes no ordenador (están colocadas a continuación por orde).




Spring:


 Summer:


Autumn:





Winter:




Flower:




Tree:




Ao rematar de repetir as palabras, escoitarán e lerán a seguinte historia da páxina 34, repetindo tamén as palabras que designan as estacións en inglés cando as pronuncien os personaxes do conto.




Por último, debuxarán a súa estación favorita nun folio mentres escoitan a canción What's Your Favourite Season? e escribirán debaixo cal é a súa estación favorita: My favourite season is ______________________. Ata o martes non volverei mandarlles tarefas de inglés, polo que poden facer estas o luns.


No comments:

Post a Comment