Thursday 7 May 2020

Tiger is Lost

First grade (primeiro de primaria): o alumnado ten que ver o vídeo. Ao rematar de velo ten que facer nun folio ou nun caderno os exercicios 6 e 7. Primeiro teñen que escribir os seus nomes e despois copiar o seguinte: Class: year one. A continuación, no exercicio 6, deben poñer en orde os debuxos, tal e como aparecen no vídeo. Por exemplo: 1. b; 2.e (non teñen que copiar os debuxos do exercicio 6). A maiores deben dicir os nomes en inglés dos membros da familia que aparecen en cada debuxo. Se dubidan cales son que repasen o vocabulario nesta entrada anterior: https://englishatvi.blogspot.com/2020/04/the-family.html (no audio dinse os nomes na mesma orde na que aparecen nas imaxes). No exercicio 7 teñen que debuxar aos membros da familia que aparecen e rodear ao que tiña a Tiger na historia do vídeo. Poden debuxar tamén a Tiger se queren. Por último, teñen que volver a ver o vídeo unha vez máis para comprobar que responderon correctamente a todas as preguntas. Todas as familias poden enviarme as tarefas por wasap, se queren (618904879).



No comments:

Post a Comment