Second grade (alumnado de segundo de primaria): seguimos aprendendo o nome de varios xogos en inglés. O alumnado ten que facer os
exercicios 6 e 7 da páxina 42 do pupil's book (o libro en cor). No
exercicio 6, hai que escoitar a canción
I Want to Play (quero xogar) ao mesmo tempo que sinalan os xogos na páxina do libro.
Despois, haberá que rodear os xogos que realizan Tiger e os seus amigos na páxina do libro
mentres escoitan de novo o audio. Por último, terán que escribir o nome dos xogos debaixo de cada imaxe (poden comprobar como se escriben correctamente na páxina 39 do libro):
No exercicio 7 hai que escoitar o audio e completar as frases. En cada unha delas dise "eu quero xogar a...". É una estrutura moi importante en inglés, polo que aparte de escribir as palabras que falten é imprescindible repetir as frases en voz alta.
Por último, abrirán o activity book (o libro en branco e
negro) e farán o exercicio 5 da páxina 33. Terán que escoitar outra vez a
canción para poder escribir as palabras que correspondan nos ocos en branco.
No comments:
Post a Comment