Tuesday 2 June 2020

Meal Times

Second grade (segundo de primaria): o alumnado ten que investigar sobre o xantar no Reino Unido. Primeiro, terán que ver estas tres imaxes para que cheguen a conclusión de que breakfast significa almorzo, lunch, xantar e dinner, cea.

Breakfast





Lunch




Dinner



Despois, terán que entrar nesta páxina web: Project Britain. A información que deben buscar é a seguinte:
  • A que hora se xanta no Reino Unido.
  • En que consiste o típico xantar inglés. O interesante desta actividade é que sexa o propio alumnado o que comprenda a información. Non teñen que entender todo o texto, nin moito menos. Chega con que busquen información específica. As palabras que non entendan poden buscalas no diccionarios online que temos no blog ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non saben o significado de packed lunch, poden buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador.
  • Por último, un día desta semana terán que facer un xantar inglés, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto.Poden escoller calquera dos que aparecen na páxina: tanto os que son servidos en pubs como en comedores escolares.



No comments:

Post a Comment