Tuesday 12 May 2020

Have you got Tiger?

First grade (primeiro de primaria): o alumnado ten que facer o exercicio 2 da páxina 24 nun folio (quen queira pode imprimir a folla, pero non é necesario). Primeiro hai que escribir Class: year one. Non hai que copiar o enunciado. Poden escribir Family como encabezamento. A continuación teñen que debuxar aos sete membros da familia que aparecen no debuxo e escribir debaixo os nomes en inglés (teñen que copiar as palabras e escribilas no lugar correspondente). Por último, deben colorear só aos membros da familia que aparecían no vídeo que viron a semana pasada (se é necesario poden volver a velo: http://englishatvi.blogspot.com/2020/05/tiger-is-lost.html). Correxirei todas as tarefas que reciba por wasap: 618904879. Mentres fagan o exercicio é importante que escoiten esta canción:


No comments:

Post a Comment