Friday 22 May 2020

Some Families Are Big

First grade (primeiro de primaria): hoxe van escoitar unha canción chamada Some Families Are Big. A canción introduce tres palabras novas sobre os membros da familia: uncle (tío), aunt (tía) e cousin (primo). Teñen que ver o vídeo da canción dúas veces polo menos. A primeira vez só teñen que escoitala e que sinalar aos membros da familia. A segunda vez que intenten cantala:





Ao rematar verán outro vídeo no que se canta unha nova canción: The Baby Wants a Mother:



Despois de velo debuxarán nun folio a súa familia e escribirán ao lado de cada familiar o seu nome en inglés (adxunto un modelo na seguinte imaxe). Mentres fagan o debuxo que escoiten as dúas cancións anteriores.


No comments:

Post a Comment