Tuesday 9 June 2020

Do you Like Cheese?

First grade (alumnado de primeiro de primaria): nesta nova tarefa traballaremos a escritura das palabras de vocabulario da unidade (cheese, omelette...) e unha estrutura gramatical fundamental en inglés: "Do you like...?". "Yes, I do" or "No, I don't". "I love...". "I like...". "I don't like". Esta estrutura forma parte do corpus gramatical de todos os cursos de primaria. Grazas a ela, unha vez que a dominen serán capaces de dar a súa opinión sobre todo (películas, comidas, libros...) e de preguntala.
Primeiro, escoitarán de novo a canción I don't like sausages. A letra da canción usa repetidamente esta estrutura.





Despois, terán que facer os exercicios da páxina 34 do activity book (o libro en branco e negro). No cuarto, teñen que escribir as palabras no lugar adecuado e responder ás preguntas que se lles fan. Se lles gustan os alimentos polos que se lles pregunta, teñen que rodear "Yes, I do", e se non, "No, I don't". No exercicio 5 teñen que debuxarse e escribir o nome de tres comidas. Ao lado de "I love", unha comida que lles encante. A carón de "I like" unha que lles guste, e xunto a "I don't like" unha que non lles guste.


No comments:

Post a Comment