Tuesday 9 June 2020

School Rules

Second grade (segundo de primaria): nesta unidade, ademais de estudar o vocabulario das actividades de lecer que fai o alumnado no colexio, tamén imos estudar o relacionado coas distintas estancias dun centro educativo. Para poñer en contexto estas novas palabras, primeiro deben ver as seguintes entradas antigas do blog:

Where's Teo?

Where´s Candela?

Where's Víctor?

Despois, teñen que abrir o pupil's book (o libro en cor) na páxina 44 e facer o exercicio 11. Teñen que escoitar as palabras no audio, repetilas e sinalalas. Por último, terán que poñer os adhesivos nos lugares adecuados.

A continuación, escoitarán e lerán a historia do exercicio 13.

Por último, terán que facer os exercicios 6 e 7 da páxina 34 do activity book (o libro en branco e negro). Nesta unidade estudamos unha estrutura gramatical moi importante en inglés: "Do you want to...?". "Yes. Good idea!" or "No, thanks". Esta estrutura forma parte do corpus gramatical de todos os cursos de primaria. Grazas a ela, unha vez que a dominen serán capaces de dicir con claridade que queren facer, e que non, e de preguntarllo a alguén.


No comments:

Post a Comment