No primeiro bloque de pestanas do blog poden acceder a enlaces con recursos educativos seleccionados para cada grupo que o alumnado pode utilizar para aprender inglés dunha maneira lúdica. É moi recomendable utilizalos con altofalantes.
No
segundo bloque expóñense os traballos realizados en clase e recursos
apropiados para reforzar os contidos que se estén desenvolvendo.
Cada pestana está relacionada cun nivel educativo e a equivalencia en galego é a seguinte:
Nursery: Educación Infantil.
First Grade (ou First Year): Primeiro de primaria.
Second Grade (ou Second Year): Segundo de primaria.
Third Grade (ou Third Year): Terceiro de primaria.
Fourth Grade (ou Fourth Year): Cuarto de primaria.
Fifth Grade (ou Fifth Year): Quinto de primaria.
Sixth Grade (ou Sixth Year): Sexto de primaria.Debaixo de cada entrada do blog hai unhas etiquetas (labels en inglés) que sinalan para que alumnado son apropiadas.
Por exemplo, neste caso, a publicación sería adecuada para o alumnado de quinto de primaria (fifth grade).
Para facilitar que as familias poidan axudar a todo o alumnado, mentres non remate o peche dos centros educativos todas as entradas do blog publicaranse en inglés e en galego.
No comments:
Post a Comment