Showing posts with label Nursery. Show all posts
Showing posts with label Nursery. Show all posts

Thursday, 27 January 2022

Friday, 19 June 2020

I Can See the Baker's!

Nursery (alumnado de cinco anos): na páxina 26 do libro, terán que sinalar e dicir o nome de cada tenda despois de escoitar as palabras do audio Tex's Words. Despois, escoitarán o audio I can see the Baker's e, seguindo a orde na que se fala de cada tenda, completarán os debuxos da folla.













Friday, 12 June 2020

Good Morning, Good Morning, Sun!

Nursery: alumnado de catro anos. Comezamos coa rutina do saúdo en inglés, como sempre:



Escoitarán o primeiro audio. Ten dúas partes. Haberá que explicarlles que, na primeira, dise que xa é noite e que teñen que ir á cama e apagar os ollos (pódese apagar a luz mentres a escoitan).  Na segunda, hai que dicirlles que no audio fálase do momento en que espertan cando amence. Pódese acender a luz para reforzar a comprensión desta parte do audio.




 

Despois, escoitarán a canción Good Morning, Good, Morning, Sun! (bo día, bo día, sol!). Escoitarana dúas veces facendo os seguintes xestos e tratando de cantala:

Good morning: poñen as mans cruzadas, coas palmas cara a fóra, diante da fronte. As moven cara abaixo e cara a fóra, debuxando un semicírculo.

Get out of bed: Fan como se quitasen unha manta de encima e saltan cara a un lado.

Open your little eyes. Lift your sleepy head: abren os ollos e levantan os brazos por enriba da cabeza como se estivesen espertándose.

Goodnight: fan a acción oposta á de good morning. Comezan cos brazos xunto aos costados, e levántanos cun movemento semicircular ata acabar coas palmas das mans volteadas cara a fóra e cruzadas diante da cara.

Go to bed: simulan que se tapan cunha manta e boquexan.

Close your little eyes. Lay down your sleepy head: pechan os ollos, dobran a cabeza cara a un lado a a apoian nas mans, como se estivesen durmindo.

A folla da páxina 32 teñen que completala mentres escoitan a canción. Durante a primeira estrofa, explicarémoslles que, cando nos espertamos pola mañá, vemos o Sol, e pedirémoslles que o debuxen na escena que representa ó día. Repetiremos o proceso coa escena da noite pedíndolles que debuxen a Lúa.

Esta é a letra da canción:

Good morning, Good morning, sun! It’s time to get out of bed. Open your little eyes. Lift your sleepy head.Good morning, sun! Good morning, sun! It’s time to get out of bed, bed, bed. Good morning, sun! Good morning, sun! It’s time to get out of bed. Goodnight, Goodnight, moon! It’s time to go to bed. Close your little eyes. Lay down your sleepy head.Goodnight, moon! Goodnight, moon! It’s time to go to bed, bed, bed. Goodnight, moon! Goodnight, moon! It’s time to go to bed.

Thursday, 11 June 2020

Let's Go to Town!

Nursery : alumnado de cinco anos. Comezamos, coma sempre, coa rutina dos saúdos:


Nesta unidade, imos facer actividades relacionadas co vocabulario da cidade. Primeiro, terían que escoitar estes audios: o primeiro teñen que escoitalo unha vez mentres miran a folla da páxina 23 do libro, e o segundo deberían escoitalo dúas veces e que repetir as palabras do vocabulario sinalándoas no ordenador (están colocadas por orde): baker's (panadería), butcher's (carnicería), fruit shop (froitaría), toy shop (tenda de xoguetes), clothes shop (tenda de roupa) e park (parque).












Por último, verán o vídeo dunha historia que transcorre nunha cidade, e porán os adhesivos no lugar apropiado na páxina 23 do libro.


 






Sunday, 7 June 2020

Tea Time

Niko and Lucía had a meal at five o'clock. It consisted of tea served with assorted pastries. Hai douscentos anos, a sétima duquesa de Bedford introduciu o costume de invitar ás súas amizades a tomar té con pasteis ou sándwichs na súa casa ás cinco da tarde. Actualmente esta tradición xa non se realiza tan a miúdo coma antes, porque os adultos están traballando a esas horas, pero aínda se pode tomar o té en moitos tea rooms de Inglaterra. Hai dous horarios tradicionais para tomar o té: o afternoon tea, que tomaba a alta sociedade ás catro da tarde, e o high tea, que tomaban as clases traballadoras ás cinco ou ás seis.


Saturday, 6 June 2020

Fish and Chips

Lucía and Niko ate fish and chips yesterday!!! Fish and chips é o terceiro prato favorito dos británicos, segundo unha enquisa feita o ano pasado, na que se preguntaba a opinión dos participantes sobre 50 pratos típicos da cociña británica. Ao 83 por cento dos británicos gústalles comer fish and chips.



Friday, 5 June 2020

Porridge

Niko and Lucía ate porridge today!!! Lucía ate toasts, cereals and orange juice, too. What a breakfast!!!  O porridge é un almorzo moi popular en Estados Unidos e no Reino Unido. É unha papa de avea (a mesma que comía Riciños de Ouro na casa dos osos).


Wednesday, 3 June 2020

Typical English Breakfast

Nursery: todo o alumnado do colexio fará unha actividade esta semana para coñecer de primeira man as comidas típicas do Reino Unido. O alumnado de infantil non vai ser menos. Primeiro, ensinarémoslle un mapa de Europa para que se fixen na situación tanto de España como do Reino Unido:



Despois, dirémoslle que os rapaces que viven alí falan inglés e almorzan entre as 07:00 e as 09:00 h. A maiores, explicarémoslle que, a pesar de que actualmente a maioría da xente no Reino Unido almorza torradas, cereais, zume de laranxa e café, aínda hai quen toma o típico almorzo inglés, composto por:

Porridge (en inverno)




Ou polos seguintes alimentos:

Eggs
Bacon


Sausages


Fried bread




Mushrooms




Baked beans




E café. Estas son algunhas imaxes de almorzos ingleses:



Por último, sería marabilloso se un día almorzasen tomando algún dos alimentos incluídos nesta listaxe, e se me enviásedes algunha foto.

Wednesday, 27 May 2020

Wake Up, Tex!

Nursery: alumnado de catro anos. Comezamos coa rutina do saúdo en inglés, como sempre:


Imos estudar os animais de granxa. Terán que escoitar este audio e que repetir as palabras do vocabulario. As imaxes están colocadas por orde: cow (vaca), horse (cabalo), pig (porco), sheep (ovella), hen (galiña), e chick (pito).


Poden facer xestos mentres escoitan o audio para que interioricen ben o significado das palabras que están a aprender: facer como se muxiran unha vaca, trotar no sitio, representar o fociño do porco coa man e poñelo no nariz, estirar o brazo esquerdo hacia diante, en horizontal, e mover a man dereita polo brazo simulando ser unha ovella que salta, dobrar os brazos como se fosen ás e axitalos (galiña), e formar un peteiro pequeno cos dedos índice e polgar e poñelo no nariz (pito).








 Despois, verán o seguinte vídeo. É unha historia titulada Wake Up, Tex!


Por último, porán os adhesivos da páxina 31 do libro onde corresponda. Ao rematar, teñen que escoitar unha última vez o audio coas palabras de vocabulario e sinalar as imaxes na folla cando se pronuncie cada palabra.

Se non están moi cansos, e queren, poden facer a maiores a rutina da despedida:

Vegetables Are Good for me

Nursery: alumnado de cinco anos. Volvemos realizar as rutinas: primeiro facemos a rutina do saúdo (cantar e facer os xestos que aparecen no vídeo) e, despois, escoitamos de novo o audio coas palabras do vocabulario sobre as que estamos a traballar (vexetais) sinalando a imaxe que corresponda cada vez e repetindo as palabras. Estas primeiras actividades son as que aparecen detalladas na entrada do blog de hai dúas semanas: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/but-i-want-chips.html.
Polo tanto, entramos nesa publicación e facemos as actividades xa comentadas (o vídeo e o exercicio da folla non).
A continuación, cantarán de novo a canción Vegetables Are Good for me (Os vexetais son bos para min) que xa cantaron a semana pasada. Nesta ocasión, a maiores, mentres a cantan que fagan os xestos que explicamos nunha entrada anterior do blog para representar a cada vexetal. Recordamos as instrucións: pechar os puños como se fosen patacas, facer como se tiveran unha pataca na man e morderan a punta, flexionar os músculos (despois de explicarlles que as espinacas fannos fortes), facer como se rompesen a casca dun cacahuete, suxeitar con ambas mans unha mazaroca de millo imaxinaria e mordela, e estirar un dedo como se fose unha casula de chícharos e debuxar os chícharos co dedo índice da outra man.



Despois, terán que coller a páxina 22 do libro:


Teñen que colorear o millo, as cenorias e as espinacas mentres escoitan a canción anterior. Antes de colorelas, que digan en inglés o nome de cada unha dos alimentos que van debuxar. Se non son capaces que escoiten as palabras (corn, carrots e spinach) no seguinte audio ata que consigan facelo:



Wednesday, 20 May 2020

Food

Nursery: alumnado de catro anos. As clases de inglés sempre comezan coa rutina dos saúdos. Non podemos reproducila dende casa ao estar o alumnado só, sen os compañeiros, pero podemos intentar que canten e fagan os xestos que se amosan neste vídeo:


A continuación, terían que escoitar este audio e que repetir as palabras do vocabulario sinalándoas no ordenador (están colocadas por orde): sandwiches (sándwichs), cheese (queixo), chicken (polo), salad (ensalada), spaghetti (espaguetes), e chocolate (chocolate).









A continuación, teñen que debuxar a súa comida favorita nesta folla:


E, por último, finalizamos coa rutina da despedida. Podemos intentar que canten e fagan os xestos que se amosan neste vídeo, ao igual que fan na rutina dos saúdos:



Vegetables

Nursery: alumnado de cinco anos. Volvemos realizar as rutinas da semana pasada: rutina do saúdo (cantar e facer os xestos que aparecen no vídeo) e, despois, escoitamos de novo o audio coas palabras do vocabulario sobre as que estamos a traballar (vexetais) sinalando a imaxe que corresponda cada vez e repetindo as palabras. Estas primeiras actividades son as que aparecen detalladas na entrada do blog da semana pasada: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/but-i-want-chips.html.
Polo tanto, entramos nesa publicación e facemos as actividades xa comentadas (o vídeo e o exercicio da folla non).
A continuación, collemos esta nova folla:


Está perforada. O alumnado ten que sacar o horto facendo presión. Que o fagan eles. Teñen que intentar sacalo con coidado, sen que rompa. Cando o fagan, teñen que escoitar a seguinte canción e dobrar e desdobrar todas as verduras cando as mencionen.


Por último, volverán ver o conto da semana pasada. Hai que pedirlles que presten moita atención ás verduras e que as busquen na folla cada vez que os personaxes da historia, Frankie, Dizzy, Tex and Spot as atopen no vídeo.


Thursday, 14 May 2020

If You Are Happy

Nursery (alumnado de infantil): canción apropiada para todo o alumnado de infantil. Témola cantado xa varias veces no colexio. Ademais de cantala teñen que reproducir os xestos que fan os personaxes que aparecen no vídeo.


Wednesday, 13 May 2020

The Little Seeds

Nursery : alumnado de catro anos. As clases de inglés sempre comezan coa rutina dos saúdos. Non podemos reproducila dende casa ao estar o alumnado só, sen os compañeiros, pero podemos intentar que canten e fagan os xestos que se amosan neste vídeo:


A continuación, terían que escoitar este audio e que repetir as palabras do vocabulario sinalándoas no ordenador (están colocadas por orde): seeds (sementes), shoots (botón dunha planta), stems (talos), leaves (follas), buds (xema das plantas) e flowers (flores).








Poden facer xestos mentres escoitan o seguinte audio para que interioricen ben o significado das palabras que están a aprender: estender a man aberta e simular que collen unha semente da palma, xuntar as palmas e abrir os dedos para amosar unha planta que brota, incorporar os brazos á acción anterior uníndoos dende os cóbados, mover as mans cara a fóra cos dedos pechados para formar follas, cos brazos na mesma posición anterior unir as mans e os dedos, pechados, para simular unha xema, e estirar os dedos para simular unha flor:



Despois teñen que ver estos dous vídeos:



  

E, por último, teñen que debuxar a súa flor favorita nesta folla: