Showing posts with label First Grade. Show all posts
Showing posts with label First Grade. Show all posts

Wednesday, 4 March 2026

Family and Food

 Play some word games to learn and practise family and food vocabulary.

 

 
 
 

 

 

Tuesday, 28 October 2025

Halloween Skeleton Hands

Aísha, Carmen and Lois created spooky and fun skeleton hands, perfect for Halloween costumes!








 

Thursday, 27 January 2022

Ping and Pong

New Tiger 1. Pupil's Book. Page 22. Activity 12.

Listen to the story.

Our Five Senses

New Tiger 1. Pupil's Book. Page 22. Activity 11.

Listen and point. Mime and Say.

Tuesday, 16 June 2020

Story: Dinner Time

First grade (primeiro de primaria): imos intentar gravar o vídeo Dinner Time coas súas voces. Acabaremos tendo catro actrices de dobraxe, catro actores, e unha película de animación. Primeiro haberá que ver o vídeo outra vez nesta entrada do blog: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/dinner-time_29.html. A continuación, escoitarán as súas liñas as veces que sexa necesario ata que sexan capaz de repetilas con boa pronunciación. Por último, terán que enviarme os audios por wasap (618904879) para que poida editar o vídeo. Polo menos, que intenten gravar unha frase. Quen se atreva, pode intentar gravalas todas, aínda que algunhas son difíciles.
Lucía e Noela serán Sue (Lucía dende a viñeta 1 ata a 4.Noela dende a 5 ata a 8).
Antón será Tiger.
Alejandro e Leo serán Jay (Alejandro dende a viñeta 1 ata a 4. Leo dende a viñeta 5 ata a 8).
Yoel, Zaida e Carolina serán Dad. (Yoel dende a viñeta 1 ata a 3; Zaida dende a 4 ata a 6; Carolina dende a 7 ata a 8).
O guión é o seguinte:

1 Dad: It’s dinner time. Let’s have sausages and peas. 
Jay: Oh no. I don’t like sausages. 
Dad: Do you like peas? 
Sue: No, I don’t. 
Jay: Can we have an omelette, please? 
Dad: Let’s see.

2 Dad: How many eggs have we got? 
 Jay: We’ve got six. 
Dad: Good! 
Sue: And look! We’ve got mushrooms. I like mushrooms. Put mushrooms in the omelette.

3 Dad: We’ve got cheese and potatoes. Do you like cheese? 
Sue: Yes, I do. I love cheese. Put cheese in the omelette. 
Dad: Do you like potatoes? 
Jay: Yes, I do. I love potatoes. Put potatoes in the omelette. 
Dad: OK. Let’s have a cheese, mushroom and potato omelette. 
Sue and Jay: Yes!

4 Sue: Mmm. It smells delicious. 
Dad: OK. Watch this! 

5 Dad: One... two... three... 
Sue: Whoops! 
Jay: Oh no! The omelette! Catch it, Dad! 

6 Sue: Oh no, Dad. The omelette. 
Jay: I’m hungry. 
Sue: I’m hungry, too. 
Dad: Oh dear. I’m sorry.

7 Dad: I’ve got an idea. Do you like pizza? 
Sue and Jay: Oh yes, Dad. We love pizza. 
Dad: Come on. Let’s go for a pizza.

8 Jay: I like cheese pizza. 
Sue: I like mushroom pizza. 
Tiger: And I love omelette. 

Tuesday, 9 June 2020

Do you Like Cheese?

First grade (alumnado de primeiro de primaria): nesta nova tarefa traballaremos a escritura das palabras de vocabulario da unidade (cheese, omelette...) e unha estrutura gramatical fundamental en inglés: "Do you like...?". "Yes, I do" or "No, I don't". "I love...". "I like...". "I don't like". Esta estrutura forma parte do corpus gramatical de todos os cursos de primaria. Grazas a ela, unha vez que a dominen serán capaces de dar a súa opinión sobre todo (películas, comidas, libros...) e de preguntala.
Primeiro, escoitarán de novo a canción I don't like sausages. A letra da canción usa repetidamente esta estrutura.





Despois, terán que facer os exercicios da páxina 34 do activity book (o libro en branco e negro). No cuarto, teñen que escribir as palabras no lugar adecuado e responder ás preguntas que se lles fan. Se lles gustan os alimentos polos que se lles pregunta, teñen que rodear "Yes, I do", e se non, "No, I don't". No exercicio 5 teñen que debuxarse e escribir o nome de tres comidas. Ao lado de "I love", unha comida que lles encante. A carón de "I like" unha que lles guste, e xunto a "I don't like" unha que non lles guste.


Saturday, 6 June 2020

What a Breakfast!

Yoel ate sausages, bacon, eggs and orange juice for breakfast today! As fontes consultadas testemuñan que o almorzo tradicional do Reino Unido que comeu hoxe Yoel data do ano 1300, nada menos.


Friday, 5 June 2020

I Don't Like Sausages

First grade (primeiro de primaria): seguimos aprendendo os alimentos en inglés. O alumnado ten que facer os exercicios 6 e 7 da páxina 42 do pupil's book (o libro en cor). No exercicio 6, hai que escoitar o seguinte audio e repetir os números (do 1 ao 20 en inglés) ao mesmo tempo que os sinalan na páxina do libro. Despois, haberá que repasar os números con lapis na páxina do libro mentres escoitan de novo o audio. Por último, terán que rodear os alimentos que aparecían na historia que viron a semana pasada: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/dinner-time_29.html.




No exercicio 7 escoitarán a canción I Don't Like Sausages (a min non me gustan as salchichas) e terán que ordenar os alimentos con números segundo aparezan na canción.




Por último, abrirán o activity book (o libro en branco e negro) e farán o exercicio 3 da páxina 33. Terán que escoitar outra vez a canción para poder rodear a palabra que corresponda en cada oración e que escribir o alimento que corresponda nos ocos en branco.


Tuesday, 2 June 2020

British Meals

First grade (primeiro de primaria): o alumnado ten que investigar sobre os almorzos que se fan no Reino Unido. Primeiro, terán que ver estas tres imaxes para que cheguen a conclusión de que breakfast significa almorzo, lunch, xantar e dinner, cea.

Breakfast






Lunch




Dinner


Despois, terán que entrar nesta páxina web: Project Britain. A información que deben buscar é a seguinte:
  • A que hora se almorza no Reino Unido.
  • En que consiste o típico almorzo inglés. Na páxina especifícase que o almorzo tradicional composto por salchichas, ovos, touciño... xa non é tan popular, e que a día de hoxe os cereais, as torradas, o café e o zume de laranxa estanse a impoñer. Non obstante, o interesante desta actividade é que sexa o propio alumnado o que comprenda a información. Algunhas das palabras que aparecen están estudándoas agora. As demais poden buscalas no diccionarios online que temos nos blogs ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non saben o significado de baked beans, poden buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador.
  • Por último, un día desta semana terán que facer un almorzo inglés, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto. Aínda que agora moitas veces almorcemos o mesmo en España que no Reino Unido, sería estupendo que tomasen algún dos alimentos que compoñen o almorzo máis tradicional alí.

Friday, 29 May 2020

Animated Story

First grade (primeiro de primaria): hoxe imos ver o vídeo dunha historia na que se traballan as palabras de vocabulario e as estruturas gramaticais que están a aprender en inglés (os alimentos e dicir se lles gustan, ou non).


Despois de velo teñen que facer o exercicio 2 da páxina 32 do activity book (teñen que marcar os alimentos utilizados para facer unha tortilla na historia). A maiores, poden colorealos (se queren) e, sobre todo, deberían dicir as palabras en voz alta (deberían practicar a correcta pronunciación desas palabras na entrada anterior do blog: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/dinner-time.html).


Wednesday, 27 May 2020

Dinner Time

First grade (primeiro de primaria): hoxe comezamos unha nova unidade (aínda repasaremos a anterior de vez en cando). Estudaremos vocabulario relacionado coa comida, e a estrutura gramatical utilizada para dicir se algo nos gusta ou non.
Primeiro teñen que escoitar dúas veces, como mínimo, un audio no que se pronuncian as palabras que van aprender. A primeira vez deben escoitalo e sinalar a imaxe que corresponda (como sempre, están ordenadas). A segunda vez repetirán cada palabra mentres sinalan as imaxes.




Despois, escoitarán unha canción, tamén dúas veces, que intentarán cantar mentres sinalan os números do exercicio 2 da páxina 39 do pupil's book (a canción relaciona os números coas palabras de vocabulario que están a aprender).




Ao rematar, como xa teñen os libros de texto, teñen que poñer os adhesivos do exercicio 3 (cada vez que as peguen que pronuncien as palabra do vocabulario ao mesmo tempo).
Por último, terán que facer o exercicio 1 da páxina 31 do activity book: unir con cores as palabras e os debuxos. 


Friday, 22 May 2020

Some Families Are Big

First grade (primeiro de primaria): hoxe van escoitar unha canción chamada Some Families Are Big. A canción introduce tres palabras novas sobre os membros da familia: uncle (tío), aunt (tía) e cousin (primo). Teñen que ver o vídeo da canción dúas veces polo menos. A primeira vez só teñen que escoitala e que sinalar aos membros da familia. A segunda vez que intenten cantala:





Ao rematar verán outro vídeo no que se canta unha nova canción: The Baby Wants a Mother:



Despois de velo debuxarán nun folio a súa familia e escribirán ao lado de cada familiar o seu nome en inglés (adxunto un modelo na seguinte imaxe). Mentres fagan o debuxo que escoiten as dúas cancións anteriores.