Showing posts with label Unusual Customs and Traditions in England. Show all posts
Showing posts with label Unusual Customs and Traditions in England. Show all posts

Wednesday, 3 June 2020

Typical English Breakfast

Nursery: todo o alumnado do colexio fará unha actividade esta semana para coñecer de primeira man as comidas típicas do Reino Unido. O alumnado de infantil non vai ser menos. Primeiro, ensinarémoslle un mapa de Europa para que se fixen na situación tanto de España como do Reino Unido:



Despois, dirémoslle que os rapaces que viven alí falan inglés e almorzan entre as 07:00 e as 09:00 h. A maiores, explicarémoslle que, a pesar de que actualmente a maioría da xente no Reino Unido almorza torradas, cereais, zume de laranxa e café, aínda hai quen toma o típico almorzo inglés, composto por:

Porridge (en inverno)




Ou polos seguintes alimentos:

Eggs
Bacon


Sausages


Fried bread




Mushrooms




Baked beans




E café. Estas son algunhas imaxes de almorzos ingleses:



Por último, sería marabilloso se un día almorzasen tomando algún dos alimentos incluídos nesta listaxe, e se me enviásedes algunha foto.

Project Britain

Fifth and sixth grade: O alumnado de primeiro a cuarto de primaria do centro está investigando sobre as comidas tradicionais do Reino Unido. Os de primeiro averiguarán cal é o almorzo típico daquel país e un día desta semana almorzarán como fan alí. Os de segundo farán o mesmo, pero sobre o xantar, e os de terceiro e cuarto sobre a cea tradicional inglesa. Vós faredes o mesmo, pero escolleredes se investigar sobre o almorzo, o xantar ou a cea, e faredes unha desas tres comidas, Ao rematar enviádeme unha foto da comida que fagades, por favor. Consultade as instrucións que lle din ao resto de grupos nesta entrada do blog de inglés: https://englishatvi.blogspot.com/2020/06/traditional-british-dinner.html.

Traditional British Dinner

Third and fourth grade: O alumnado de primeiro e segundo está a investigar sobre o almorzo e o xantar típicos do Reino Unido. Vós ides facer o mesmo ca eles, pero sobre a cea tradicional daquel país. Podedes consultar as instrucións das súas tarefas nestas entradas do blog de inglés: Primeiro: https://englishatvi.blogspot.com/2020/06/british-meals.html. Segundo: https://englishatvi.blogspot.com/2020/06/meal-times.html. Vós teredes que entrar na páxina web de Project Britain: http://projectbritain.com/food/meals.htm. A información que debedes buscar é a seguinte: A que hora se cea no Reino Unido. En que consiste a típica cea inglesa. As palabras que non entendades podedes buscalas no diccionarios "online" que temos no blog ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non sabedes o significado de "cabbages", podedes buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador. Por último, un día desta semana teredes que facer unha cea típica do Reino Unido, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto.

Tuesday, 2 June 2020

Meal Times

Second grade (segundo de primaria): o alumnado ten que investigar sobre o xantar no Reino Unido. Primeiro, terán que ver estas tres imaxes para que cheguen a conclusión de que breakfast significa almorzo, lunch, xantar e dinner, cea.

Breakfast





Lunch




Dinner



Despois, terán que entrar nesta páxina web: Project Britain. A información que deben buscar é a seguinte:
  • A que hora se xanta no Reino Unido.
  • En que consiste o típico xantar inglés. O interesante desta actividade é que sexa o propio alumnado o que comprenda a información. Non teñen que entender todo o texto, nin moito menos. Chega con que busquen información específica. As palabras que non entendan poden buscalas no diccionarios online que temos no blog ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non saben o significado de packed lunch, poden buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador.
  • Por último, un día desta semana terán que facer un xantar inglés, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto.Poden escoller calquera dos que aparecen na páxina: tanto os que son servidos en pubs como en comedores escolares.



British Meals

First grade (primeiro de primaria): o alumnado ten que investigar sobre os almorzos que se fan no Reino Unido. Primeiro, terán que ver estas tres imaxes para que cheguen a conclusión de que breakfast significa almorzo, lunch, xantar e dinner, cea.

Breakfast






Lunch




Dinner


Despois, terán que entrar nesta páxina web: Project Britain. A información que deben buscar é a seguinte:
  • A que hora se almorza no Reino Unido.
  • En que consiste o típico almorzo inglés. Na páxina especifícase que o almorzo tradicional composto por salchichas, ovos, touciño... xa non é tan popular, e que a día de hoxe os cereais, as torradas, o café e o zume de laranxa estanse a impoñer. Non obstante, o interesante desta actividade é que sexa o propio alumnado o que comprenda a información. Algunhas das palabras que aparecen están estudándoas agora. As demais poden buscalas no diccionarios online que temos nos blogs ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non saben o significado de baked beans, poden buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador.
  • Por último, un día desta semana terán que facer un almorzo inglés, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto. Aínda que agora moitas veces almorcemos o mesmo en España que no Reino Unido, sería estupendo que tomasen algún dos alimentos que compoñen o almorzo máis tradicional alí.

Friday, 1 January 2016

Auld Lang Syne

http://www.youtube.com/watch?v=acxnmaVTlZA

Just before midnight on New Year´s Eve, people hold hands and sing a traditional song called ``Auld Lang Syne´´.
Ramón and Manuel.

Wednesday, 30 December 2015

Tar Barrels

Tar Barrels, Allendale, Northumberland
At 11.30pm on New Years Eve, 30 or so men in costume carry burning tar barrels on their heads to the bonfire in the market square where they are thrown at midnight.