Tuesday 2 June 2020

British Meals

First grade (primeiro de primaria): o alumnado ten que investigar sobre os almorzos que se fan no Reino Unido. Primeiro, terán que ver estas tres imaxes para que cheguen a conclusión de que breakfast significa almorzo, lunch, xantar e dinner, cea.

Breakfast






Lunch




Dinner


Despois, terán que entrar nesta páxina web: Project Britain. A información que deben buscar é a seguinte:
  • A que hora se almorza no Reino Unido.
  • En que consiste o típico almorzo inglés. Na páxina especifícase que o almorzo tradicional composto por salchichas, ovos, touciño... xa non é tan popular, e que a día de hoxe os cereais, as torradas, o café e o zume de laranxa estanse a impoñer. Non obstante, o interesante desta actividade é que sexa o propio alumnado o que comprenda a información. Algunhas das palabras que aparecen están estudándoas agora. As demais poden buscalas no diccionarios online que temos nos blogs ou nun buscador de Internet. Por exemplo, se non saben o significado de baked beans, poden buscalo en Internet a través das imaxes de calquera buscador.
  • Por último, un día desta semana terán que facer un almorzo inglés, no mesmo horario que se fai alí, e que enviarme algunha foto. Aínda que agora moitas veces almorcemos o mesmo en España que no Reino Unido, sería estupendo que tomasen algún dos alimentos que compoñen o almorzo máis tradicional alí.

No comments:

Post a Comment