Wednesday 27 May 2020

Break Time

Second grade (segundo de primaria): hoxe comezamos unha nova unidade (aínda repasaremos a anterior de vez en cando). Estudaremos vocabulario relacionado cos momentos de lecer, e a estrutura gramatical utilizada para dicir a que queren xogar.
Primeiro teñen que escoitar dúas veces, como mínimo, un audio no que se pronuncian as palabras que van aprender. A primeira vez deben escoitalo e sinalar a imaxe que corresponda (como sempre, están ordenadas). A segunda vez repetirán cada palabra mentres sinalan as imaxes.



Despois, escoitarán unha canción, tamén dúas veces, que intentarán cantar mentres sinalan os números do exercicio 2 da páxina 39 do pupil's book (a canción relaciona os números coas palabras de vocabulario que están a aprender).

Ao rematar, como xa teñen os libros de texto, teñen que poñer os adhesivos do exercicio 3 (cada vez que os peguen que pronuncien as palabra do vocabulario ao mesmo tempo).
Por último, terán que facer o exercicio 1 da páxina 31 do activity book: relacionar as frases e os debuxos con números e ler as oracións en voz alta.




No comments:

Post a Comment