Wednesday 27 May 2020

Vegetables Are Good for me

Nursery: alumnado de cinco anos. Volvemos realizar as rutinas: primeiro facemos a rutina do saúdo (cantar e facer os xestos que aparecen no vídeo) e, despois, escoitamos de novo o audio coas palabras do vocabulario sobre as que estamos a traballar (vexetais) sinalando a imaxe que corresponda cada vez e repetindo as palabras. Estas primeiras actividades son as que aparecen detalladas na entrada do blog de hai dúas semanas: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/but-i-want-chips.html.
Polo tanto, entramos nesa publicación e facemos as actividades xa comentadas (o vídeo e o exercicio da folla non).
A continuación, cantarán de novo a canción Vegetables Are Good for me (Os vexetais son bos para min) que xa cantaron a semana pasada. Nesta ocasión, a maiores, mentres a cantan que fagan os xestos que explicamos nunha entrada anterior do blog para representar a cada vexetal. Recordamos as instrucións: pechar os puños como se fosen patacas, facer como se tiveran unha pataca na man e morderan a punta, flexionar os músculos (despois de explicarlles que as espinacas fannos fortes), facer como se rompesen a casca dun cacahuete, suxeitar con ambas mans unha mazaroca de millo imaxinaria e mordela, e estirar un dedo como se fose unha casula de chícharos e debuxar os chícharos co dedo índice da outra man.



Despois, terán que coller a páxina 22 do libro:


Teñen que colorear o millo, as cenorias e as espinacas mentres escoitan a canción anterior. Antes de colorelas, que digan en inglés o nome de cada unha dos alimentos que van debuxar. Se non son capaces que escoiten as palabras (corn, carrots e spinach) no seguinte audio ata que consigan facelo:



No comments:

Post a Comment