Friday 22 May 2020

I'm a Little Snowman

Second grade (segundo de primaria): imos repasar as palabras de vocabulario da unidade e estudar a estrutura gramatical que se usa en inglés para dicir a roupa que levamos posta. Por exemplo, "eu levo posto un abrigo": I'm wearing a coat. Poden repasar as palabras de vocabulario, se aínda o necesitan facer, nesta entrada anterior do blog: https://englishatvi.blogspot.com/2020/04/clothes_24.html.

Deben escribir nun folio as frases do exercicio 16 da imaxe anterior (que non fagan os debuxos):
a: I'm wearing a coat.
b: I'm wearing a ____________.
E así sucesivamente. Despois teñen que escoitar este audio as veces que sexa necesario para escribir as palabras que faltan nos ocos e para ordear as frases (hai que poñer un número ao lado de cada frase segundo a orde na que se pronuncien no audio).


Ao rematar o exercicio anterior teñen que ver este vídeo da canción I'm a Little Snowman dúas veces. A primeira vez só teñen que escoitala atentamente. A segunda deben intentar cantala e reproducila cos xestos que se amosan no vídeo.


Por último, teñen que copiar nun folio a letra da canción desordenada, como aparece na seguinte imaxe. Despois, teñen que escoitar de novo a canción mentres ordenan as frases e debuxan un boneco de neve.


No comments:

Post a Comment