Wednesday 27 May 2020

Wake Up, Tex!

Nursery: alumnado de catro anos. Comezamos coa rutina do saúdo en inglés, como sempre:


Imos estudar os animais de granxa. Terán que escoitar este audio e que repetir as palabras do vocabulario. As imaxes están colocadas por orde: cow (vaca), horse (cabalo), pig (porco), sheep (ovella), hen (galiña), e chick (pito).


Poden facer xestos mentres escoitan o audio para que interioricen ben o significado das palabras que están a aprender: facer como se muxiran unha vaca, trotar no sitio, representar o fociño do porco coa man e poñelo no nariz, estirar o brazo esquerdo hacia diante, en horizontal, e mover a man dereita polo brazo simulando ser unha ovella que salta, dobrar os brazos como se fosen ás e axitalos (galiña), e formar un peteiro pequeno cos dedos índice e polgar e poñelo no nariz (pito).








 Despois, verán o seguinte vídeo. É unha historia titulada Wake Up, Tex!


Por último, porán os adhesivos da páxina 31 do libro onde corresponda. Ao rematar, teñen que escoitar unha última vez o audio coas palabras de vocabulario e sinalar as imaxes na folla cando se pronuncie cada palabra.

Se non están moi cansos, e queren, poden facer a maiores a rutina da despedida:

No comments:

Post a Comment