Friday 5 June 2020

I Want to Play

Second grade (alumnado de segundo de primaria): seguimos aprendendo o nome de varios xogos en inglés. O alumnado ten que facer os exercicios 6 e 7 da páxina 42 do pupil's book (o libro en cor). No exercicio 6, hai que escoitar a canción I Want to Play (quero xogar) ao mesmo tempo que sinalan os xogos na páxina do libro. Despois, haberá que rodear os xogos que realizan Tiger e os seus amigos na páxina do libro mentres escoitan de novo o audio. Por último, terán que escribir o nome dos xogos debaixo de cada imaxe (poden comprobar como se escriben correctamente na páxina 39 do libro):




No exercicio 7 hai que escoitar o audio e completar as frases. En cada unha delas dise "eu quero xogar a...". É una estrutura moi importante en inglés, polo que aparte de escribir as palabras que falten é imprescindible repetir as frases en voz alta.



Por último, abrirán o activity book (o libro en branco e negro) e farán o exercicio 5 da páxina 33. Terán que escoitar outra vez a canción para poder escribir as palabras que correspondan nos ocos en branco.

No comments:

Post a Comment