Friday 5 June 2020

I Don't Like Sausages

First grade (primeiro de primaria): seguimos aprendendo os alimentos en inglés. O alumnado ten que facer os exercicios 6 e 7 da páxina 42 do pupil's book (o libro en cor). No exercicio 6, hai que escoitar o seguinte audio e repetir os números (do 1 ao 20 en inglés) ao mesmo tempo que os sinalan na páxina do libro. Despois, haberá que repasar os números con lapis na páxina do libro mentres escoitan de novo o audio. Por último, terán que rodear os alimentos que aparecían na historia que viron a semana pasada: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/dinner-time_29.html.




No exercicio 7 escoitarán a canción I Don't Like Sausages (a min non me gustan as salchichas) e terán que ordenar os alimentos con números segundo aparezan na canción.




Por último, abrirán o activity book (o libro en branco e negro) e farán o exercicio 3 da páxina 33. Terán que escoitar outra vez a canción para poder rodear a palabra que corresponda en cada oración e que escribir o alimento que corresponda nos ocos en branco.


No comments:

Post a Comment