Friday 29 May 2020

Animated Story

Second grade (segundo de primaria): hoxe imos ver o vídeo dunha historia na que se traballan as palabras de vocabulario e as estruturas gramaticais que están a aprender en inglés (xogos, momentos de lecer e dicir a que queren xogar).




Despois de velo teñen que facer os exercicios 3 e 4 da páxina 32 do activity book. No terceiro exercicio teñen que marcar os cinco xogos que aparecen na historia e completar a frase cos tres que non aparecen; no cuarto tamén teñen que completar as frases e, por último, deben colorear a palabra que mellor defina a súa opinión sobre a historia: OK (non está mal), good (é boa) ou great (é magnífica). A maiores, deberían dicir as palabras en voz alta e practicar a correcta pronunciación desas palabras na entrada anterior do blog: https://englishatvi.blogspot.com/2020/05/break-time.html.


No comments:

Post a Comment