Friday 12 June 2020

Good Morning, Good Morning, Sun!

Nursery: alumnado de catro anos. Comezamos coa rutina do saúdo en inglés, como sempre:



Escoitarán o primeiro audio. Ten dúas partes. Haberá que explicarlles que, na primeira, dise que xa é noite e que teñen que ir á cama e apagar os ollos (pódese apagar a luz mentres a escoitan).  Na segunda, hai que dicirlles que no audio fálase do momento en que espertan cando amence. Pódese acender a luz para reforzar a comprensión desta parte do audio.




 

Despois, escoitarán a canción Good Morning, Good, Morning, Sun! (bo día, bo día, sol!). Escoitarana dúas veces facendo os seguintes xestos e tratando de cantala:

Good morning: poñen as mans cruzadas, coas palmas cara a fóra, diante da fronte. As moven cara abaixo e cara a fóra, debuxando un semicírculo.

Get out of bed: Fan como se quitasen unha manta de encima e saltan cara a un lado.

Open your little eyes. Lift your sleepy head: abren os ollos e levantan os brazos por enriba da cabeza como se estivesen espertándose.

Goodnight: fan a acción oposta á de good morning. Comezan cos brazos xunto aos costados, e levántanos cun movemento semicircular ata acabar coas palmas das mans volteadas cara a fóra e cruzadas diante da cara.

Go to bed: simulan que se tapan cunha manta e boquexan.

Close your little eyes. Lay down your sleepy head: pechan os ollos, dobran a cabeza cara a un lado a a apoian nas mans, como se estivesen durmindo.

A folla da páxina 32 teñen que completala mentres escoitan a canción. Durante a primeira estrofa, explicarémoslles que, cando nos espertamos pola mañá, vemos o Sol, e pedirémoslles que o debuxen na escena que representa ó día. Repetiremos o proceso coa escena da noite pedíndolles que debuxen a Lúa.

Esta é a letra da canción:

Good morning, Good morning, sun! It’s time to get out of bed. Open your little eyes. Lift your sleepy head.Good morning, sun! Good morning, sun! It’s time to get out of bed, bed, bed. Good morning, sun! Good morning, sun! It’s time to get out of bed. Goodnight, Goodnight, moon! It’s time to go to bed. Close your little eyes. Lay down your sleepy head.Goodnight, moon! Goodnight, moon! It’s time to go to bed, bed, bed. Goodnight, moon! Goodnight, moon! It’s time to go to bed.

No comments:

Post a Comment